Volver

Tiro con Arco

tiro-con-arco-colegio-vigo-actividades-extraescolares
Ver más imagenes

Hoxe tivemos unha clase de Educación Física especial, completamos a actividade do mércores anterior coa práctica de precisión e puntería.
Viñeron ao noso centro Alfredo Amoedo e José Ángel Casal, en representación do Club de Tiro con Arco Meigarco. Trouxéronnos un arco tradicional e un de poleas que fixeron poñer en práctica aos alumnos os conceptos traballados na clase teórica. Un por un, e repetidas veces, acercámonos a probar puntería e tratar de facer diana, cousa que non resultou tan sinxela. A pesares de que había quen non quería probar, ao final non puideron rexeitar a oportunidade que o clube nos brindaba no patio do noso propio colexio.
A actividade fíxoselles entretida e nunca lles parecía que era a hora de marchar, sempre había alguén que pedía “só unha vez máis”.